Inspección Postmortem - Ditame

Inspección Postmortem - Ditame

- Natureza do control
- Bovinos, Porcinos
- Ovino – Cabrún
- Solípedos domésticos
- Cadros de medidas
- Ditame
- Rexistros Oficiais

O obxectivo principal da inspección post mortem é garantir que a carne dos animais sacrificados no matadoiro está exenta de riscos para a saúde pública, a sanidade animal ou doutras alteracións que a fagan impropia para o consumo humano.

Inmediatamente despois do sacrificio todas as canles e os seus refugallos deben ser obxecto dunha inspección post mortem para poder ser declaradas aptas para consumo humano.

O Servizo Veterinario Oficial procederá a inspeccionar visualmente todas as superficies externas de canle e refugallos de todas as especies, prestando especial atención á detección de zoonose e de enfermidades animais en relación coas cales a lexislación da Unión establece normas zoosanitarias

As canles e os refugallos someteranse aos procedementos específicos de inspección (exame visual, palpación e incisión) que se sinalan no Regulamento (CE) nº 854/2004 e o Regulamento de execución (UE) 2019/627, segundo a especie animal e idade que a continuación se detallan

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde