Marcas

Marcas

Os animais con destino a sacrificio menores de 12 meses, identificaranse mediante un único crotal auricular colocado preferentemente na orella esquerda, no que constará o código REGA da explotación.

Salvo esta excepción levarán un crotal auricular na orella dereita e un identificador electrónico cun mesmo código de identificación consistente nas letras ES, dous díxitos que identifiquen a comunidade autónoma, e dez números de identificación individual.

O identificador electrónico será un bolo ruminal, que poderá substituírse:

• Nos ovinos por unha marca auricular electrónica preferentemente na orella esquerda.

 

Marcas-ovinos.png

 

• Nos caprinos por unha marca auricular electrónica na orella esquerda ou unha marca electrónica na cuartilla da extremidade posterior dereita ou un inxectable no metatarso dereito. No caso de que o identificador electrónico sexa un inxectable, tense que indicar no documento de movemento dos animais o tipo de dispositivo e a súa localización exacta.

 

Marcas-caprinos.png

 

Tras o sacrificio dos animais débese asegurar a recuperación dos medios de identificación, garantindo que o identificador electrónico non chegue á cadea alimentaria.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde