Documentación

Documentación

1. Exemplar nº 1 do Documento de Identificación Bovina (DIB) ou Pasaporte Intracomunitario. Coa falta deste documento os animais consideraríanse mal identificados, por ser o DIB un dos elementos de identificación dos Bovinos.

2. Documento de autorización do movemento:

• En animais da CA de Galicia: orixinal ou copia cotexada (cotexo de menos de 6 meses), ou exemplar impreso dende a OAV (Oficina Agraria Virtual), da Folla de cualificación sanitaria da explotación de procedencia (“CARTA VERDE”) do ano sanitario en curso, na que figure a res ou, en animales menores dun ano, a nai destes. En todo caso, a Folla de cualificación sanitaria ten unha validez máxima de 14 meses dende a data de diagnóstico, e ademais os exemplares impresos dende a OAV teñen unha validez máxima de 6 meses dende a data de emisión . As “cartas verdes” tamén amparan o movemento de animais nados na explotación aínda que a nai non figure nela.

• Guía (GOSP): para animais procedentes doutras CA ou, de explotacións que non contan nese momento con cualificación sanitaria, ou animais que non constan na Folla Verde nas condicións do parágrafo anterior.

• Certificado intracomunitario (TRACES) en animais procedentes directamente doutros Estados Membros da UE.

3. Información da Cadea Alimentaria (ICA): Cuberto en todos os seus apartados cos datos obrigatorios, asinado por unha persoa identificable (nome e DNI), e dentro do prazo de validez de 48 horas.

4. Conduce: no caso de animais procedentes de Campañas de Saneamento Gandeiro.

5. Certificado de desinsectación, de ser exigible, en bovinos procedentes de zonas restrinxidas de Lingua Azul. Tamén é precisa a notificación previa 48 horas antes. https://ec.europa.eu/food/animals/animal-diseases/control-measures/bluetongue_en

6. En sacrificios de urxencia fora do matadoiro: Declaración do veterinario actuante e do propietario cos datos establecidos no Regulamento (CE) 853/2004 e na PNT da AESAN  sobre actuación do servicio veterinario ante a chegada o matadoiro de animáis sacrificados de urxencia na explotación. 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde